Mostrando entradas con la etiqueta Horacio Barros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Horacio Barros. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2012

Entrevista ao presidente do C.C Spol e a dous corredores. Trofeo Ciclista 1º maio no Porriño 30/04/12

Horacio Barros no noso estudo 
Mañá, 1 de maio, celébrase o XXXIII Trofeo Presidente e o XXXIV Trofeo Vila do Louro no Porriño organizados polo Club Ciclista Spol e o Concello. A cita é a partir das 11.00h nas pistas de ciclismo de Torneiros onde competirán as categorías de principiantes, infantís, alevíns e féminas. Ao final da competición terá lugar unha proba de promoción para aqueles que non participasen na carreira. Serán máis de 300 ciclistas de Galicia e norte de Portugal os que acodan á cita. 

Nós falamos con Horacio Barros, presidente do Club Ciclista Spol, para que nos contase os detalles da competición. Tamén falamos con Chus Barros que correrá na categoría de féminas e con Ángel Sánchez que vén de gañar o Gran Premio Santiago de Palencia nunha proba na que tivo que enfrontarse ao vento e a 140 rivais. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior a Horacio Barros na que falamos do Club Spol e da súa traxectoria persoal no mundo do ciclismo:

E aquí podes escoitar outra entrevista relacionada co Club Ciclista Spol. Neste caso falamos co fundador: Guillermo Rodríguez Alonso, porriñés afincado en Fuengirola que sempre estivo moi vinculado ao mundo do deporte:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-porrines-guillermo.html

Chus Barros                                                     Ángel Sánchez


*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño


martes, 15 de noviembre de 2011

Entrevista ao presidente do Club Ciclista Spol NCG, Horacio Barros 09/11/11

Horacio Barros
Na Radio Municipal do Porriño buscamos darlle un espazo destacado nas nosas entrevistas ao deporte local. Neste caso falamos de ciclismo que conta cunha importante tradición no Porriño e facémolo da man de Horacio Barros, presidente do Club Ciclista Spol NCG. Na entrevista tratamos tódolos detalles do Club (historia, categorías, estrelas...), temas como a dopaxe, a traxectoria profesional de Horacio e anédotas ou as vindeiras citas deportivas do Club. 



Preme o  seguinte enlace para escoitar a conversa:
http://www.archive.org/download/EntrevistaClubCiclistaSpolNcgHoracioBarros09-11-11/EntrevistaClubSpolHoracioBarros09-11-11.mp3