Mostrando entradas con la etiqueta Mediación xurídica Porriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mediación xurídica Porriño. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista ao secretario da Comunidade de Montes de Torneiros, Lucho Carrera 16/04/12

Lucho Carrera
Despois de falar coas comunidades de montes de Atios e Budiño é a quenda de Torneiros. Convidamos ao noso estudo a Lucho Carrera, o secretario, para falar das irregularidades na xunta directiva denunciadas hai uns anos, das expropiacións forzosas e de problemas coa titulariedade dos terreos entre outras cuestións. Tamén conversamos sobre os dous novos proxectos que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros quere poñer en marcha xa este ano na parroquia: unha gardería e un centro de día.




Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoSecretarioDaComunidadeMontesTorneirosLuchoCarrera16-04-12/EntrevistaSecreatarioComunidadeMontesTorneirosLuchoCarrera16-04-12.mp3

Aquí podes escoitar a entrevista á Comunidade de Montes de Atios:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-ao-vicepresidente-da.html

E aquí á Comunidade de Montes de Budiño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-da.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño

martes, 27 de marzo de 2012

Entrevista a dúas avogadas especialistas en mediación (Porriño) 20/03/12

Ádega e María durante a entrevista
Ádega Castro e María Alonso son dúas avogadas que decidiron montar unha empresa que presta servizos xurídicos e de mediación. A mediación consiste nun proceso alternativo e complementario á vía xudicial na que as partes en conflicto, coa axuda do mediador, chegan a un acordo para evitar ir a xuízo.

Este proceso, segundo Ádega e María, é axeitado para litixios no ámbito educativo e familiar ou de carácter multicultural e resulta menos traumático, custoso e duradeiro. A Xunta ofrece axudas económicas a aquelas persoas que queiran optar por esta vía e carezan de recursos. Ádega e María teñen a súa oficina (Medialex) nun dos viveiros que o Concello pon a disposición dos emprendedores no Multicentro de Torneiros de xeito gratuíto.

Se queres coñecer exactamente de que se trata o servizo de mediación preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaADasAvogadasPromotorasDeServizosXurdicosEDeMediacin_22/EntrevistaAAdegaEMaraDeMedialextorneiros20-03-12.mp3

*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño