miércoles, 19 de octubre de 2011

Entrevista a dous dos despedidos de Frigolouro-Coren no Porriño 19/09/11

Unha das manifestacións dos traballadores no Porriño
En xuño, 27 traballadores fixos de Frigolouro-Coren do Porriño foron despedidos sen previo aviso. Algúns deles levaban traballando 40 anos na empresa. Para falar deste caso convidamos ao noso estudo a Pablo Pampillón e a Abel Alonso, dous  afectados que manifestaron o seu desacordo coas condicións precarias do despido. Piden que, a lo menos, se non é posible a readmisión que lles paguen a indemnización que lles correponde por ano traballado.

Denuncian, ademais, que se están a contratar autónomos que desenvolven labores que eles facían antes de seren despedidos e que é moi posible que boten máis traballadores á rúa. Mentres esperan aos xuízos correspondentes continúan a reunirse cada noite na zona da empresa para evitar que sean retiradas as pancartas de denuncia que colocoron.

Pincha o link e escoita os detalles de primeira man:

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior a Pablo e Abel sobre o acordo que chegaron coa empresa logo de iren a xuízo:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-dous-despedidos-de.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño


No hay comentarios:

Publicar un comentario