Os traballadores durante a segunda xornada de folga (Tania Alonso) |
Por segunda vez, os 31 empregados do establecemento de mobles e bazares Pérez Leirós concentráronse na tenda que a empresa ten na rúa Ramón González do Porriño. O motivo: levan sen cobrar entre dous e tres meses e teñen atrasadas oito pagas extras. A situación económica da empresa comezou a decaer no 2009 polo que levou a cabo un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) quedando con dez traballadores menos. Dende entón, o resto da plantilla está a acumular retrasos nos pagos dos seus salarios. É por isto que o persoal do establecemento convocou unha segunda xornada de folga a semana pasada para pedir explicacións aos responsables da empresa e aproveitou para reunirse co alcalde.
Nós estivemos a pé de rúa cos traballadores e tamén co Concelleiro de Industria do Porriño, Marcelino Coto, que se atopaba nas inmediacións. Escoita a entrevista que lles fixo Tania Alonso premendo enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaTraballadoresPerezLeirosPorrio21-12-12/EntrevistaTraballadoresPerezLeirosPorrio21-12.mp3Nós estivemos a pé de rúa cos traballadores e tamén co Concelleiro de Industria do Porriño, Marcelino Coto, que se atopaba nas inmediacións. Escoita a entrevista que lles fixo Tania Alonso premendo enriba do seguinte enlace:
*Entrevistas EMPREGO LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario