Mostrando entradas con la etiqueta When Ocean Burns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta When Ocean Burns. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de mayo de 2012

Entrevista iniciativa musical "Best the music" no pub La Chimena do Porriño 18/05/12


"Best the music" é unha iniciativa que se está a levar a cabo no pub La Chimena do Porriño que ten un dobre obxectivo: promocionar a músicos locais e impulsar a marcha nas noites do sábado no municipio. Juancho Castaño (deseñador gráfico e publicista) e Jorge Fandiño (dono do pub) son os impulsores desta campaña que se desenvolve no local de balde. Hoxe, día 19 ás 00.30h, celébrase o terceiro concerto dentro de "Best the music" coa actuación do grupo porriñés When Ocean Burns. Esta banda resultou gañadora este ano por partida dobre no concurso EISV Music da Escola de Imaxe e Son de Vigo e foi finalista no Beefeater London Sessions. Polo pub pasaron xa o grupo tudense The Cillit Band e o porriñés Dj KekoRn 

Nós falamos con Juancho para saber por que se creou a iniciativa, como se está a desenvolver e quen pode participar. 

A entrevista está dispoñible neste enlace:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao grupo que toca esta noite, When Ocean Burns
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-ao-grupo-porrines-when-ocean.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

jueves, 15 de marzo de 2012

Entrevista ao grupo porriñés When Ocean Burns II 07/03/12

De esquerda a dereita: Dove, Juli, Fran, Pela e Lex
Desta vez volvemos contar no noso estudo coa banda da Louriña When Ocean Burns. Entrevistámola a dous días de coñecerse o resultado do concurso EISV Music 2012, do que resultaron dobremente gañadores levando o premio do xurado e o do público. Como resultado van gravar unha maqueta, un videoclip e, sobre todo, promocionarse. Conscientes de que teñen que darse a coñecer para facerse un oco no mundo da música tamén se apuntaron ao Beefeater London Sessions onde compiten con outras bandas nacionais.

Falamos co grupo destes concursos e de como están a traballar nas cancións que queren incluír no seu primeiro EP producido por Fran Leboso de Parolas Records. Os membros defínen o seu estilo como pop-rock alternativo e tamén din que lles gusta divertirse e proba diso foi a entrevista que mantivemos con eles e que podes escoitar se clicas neste enlace:

Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos no mes de setembro:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/11/entrevista-ao-grupo-de-porrino-when.html

*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño 

martes, 8 de noviembre de 2011

Entrevista ao grupo porriñés When Ocean Burns I 29/09/11

When Ocean Burns
When Ocean Burns é un grupo de pop-rock porriñés composto por cinco membros que se reuniron hai pouco máis dun ano. Esta banda local versiona cancións pero xa ten temas propios e pretende gravar un disco. When Ocean Burns tocou recentemente no encontro de rock celebrado no Porriño durante as Festas do Cristo e cada vez ten máis citas no seu calendario para actuar en diferentes locais da contorna.

Se queres coñecer os seus membros e escoitar a canción que tocaron no noso estudo clica o seguinte enlace: