jueves, 5 de julio de 2012

Entrevistas Carnaval de Verán Castro Barreiro e Centrovisión en Salceda 05/07/12

Esta fin de semana Salceda de Caselas acolle dous eventos aos que se espera que acudan unha multitude de persoas. 

Cartel do evento
Por un lado, mañá venres, celébrase o VIII Carnaval de Verán de Castro Barreiro (torreiro de festas Santa María de Salceda a partir das 20.00h). Este ano, a maiores do tradicional concurso de disfraces, haberá promocións en consumicións ("rallye bares" no que aínda te podes inscribir cliclando aquí) e exhibición de dirt jump entre outras actividades. 
"O único requisito é vir con gañas de pasalo ben", contounos Arantxa Rodríguez, voceira da Asociación Xuvenil Nós Somos Nós que organiza o evento.

Podes escoitar a entrevista premendo o seguinte enlace:


Miguel e Luis no noso estudo
Por outro lado, o sábado, máis de 350 persoas participarán no VI Festival Musical Centrovisión organizado polo Centro Cultural de Soutelo (torreiro do Borralliño, a partir das 22.30h) coa colaboración do Concello de Salceda e a Deputación. No evento participan este ano grupos de play-back do Porriño (AVV San Salvador de Torneiros, CC A Forna de Budiño, Os Penediños de Atios), Mos (Santa Eulalia e ACR de Guizán), Tui (San Fins de Rebordáns) e Salceda (AC Xunco de Parderrubias). 

Esperáse que acudan entre 2000 e 2500 persoas como público. "A intención é premiar o esforzo feito durante todo o ano nos centros culturais" comentounos o presidente do C.C. Soutelo, Miguel Ramilo Hermida. Tamén nos acompañou o presentador deste ano, Luis Lamas. 


A entrevista podes escoitala se clicas enriba deste enlace:



*Premendo enriba dos enlaces que aparecen no texto podes escoitar entrevistas relacionadas coas palabras marcadas en verde. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario