viernes, 8 de junio de 2012

Entrevistas Salceda Festbier, tuning show en Pontellas e Festa da Xuntanza de Torneiros 08/06/12

Hoxe falamos na nosa emisora de tres eventos que van ter lugar esta fin de semana, do 8 ao 10 de xuño.

Salceda Festbier
En primeiro lugar falamos da Salceda Festbier (torreiro de festas Virxe da Concepción) que comeza hoxe e dura ata o domingo. Prevese repartir uns 2000 litros de cervexa e 1500 racións de polo á brasa. Destacan, ademais, as actuacións musicais con grupos e chargangas da zona e gastronomía típica galega e alemán. Organiza a Comisión de Festas da Concepción de Salceda e nós falamos co presidente, Gaspar Martínez.


Podes escoitar a entevista premendo no seguinte enlace: 


Expo Tuning Show Pontellas
Tamén falamos da Expo Tuning Show que vai ter lugar mañá na parroquia porriñesa de Pontellas (no torreiro de festas de San Campio). A partir das 10.00h concentración de coches e motos, ás 17.00h ruta ao Aloia e a partir das 21.00h exhibición de Narcís Roca e festa Dj. Organiza a Comisión de Festas San Campio e nós falamos cun membro, Alberto Romero.

Preme no seguinte enlace para escoitar a entrevista:


Festa Xuntanza Torneiros

Por último, tamén fixemos unha entrevista sobre a XXXIV Festa da Xuntanza de Torneiros (local social da AVV San Salvador). Este ano destaca a colocación de 25 postos de artesanía galega e mostra de traballos tradicionais relacionados coa cerámica, a cestería e a elaboración de gaitas. Ademais, virán a tocar  grupos de gaitas de Francia, Alemania, Croacia e Baleares. Falamos co secretario da AVV San Salvador, Lucho Carrera.


Nesta ligazón podes escoitar a entrevista:


No hay comentarios:

Publicar un comentario