Mostrando entradas con la etiqueta Praza de Abastos Porriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Praza de Abastos Porriño. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de junio de 2012

Entrevista á edil de Prazas e Mercados do Porriño sobre praceiros e venda ambulante 07/06/12

Falamos con María José Martínez, concelleira de Prazas e Mercados do Porriño, sobre a actualidade municipal relacionada con este departamento. Recentemente, a edil estivo reunida cos praceiros do Porriño e tamén con técnicos de comercio da Deputación de Pontevedra e membros da Federación de Prazas de Abastos de Galicia para propoñer aos vendedores crear unha asociación. Ademais, tamén lle preguntamos sobre os encontros que se están a manter con outros 12 concellos da zona para unificar criterios á hora de aplicar unha ordenanza común de venda ambulante. 

A edil (na esquerda) durante o encontro
Podes escoitar a entrevista premendo neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaEdilPrazasEMercadosMariaJoseMnezasociacionPraceiros/EntrevistaEdilPrazasEMercadosPorrioMariaJoseMnezasociacionPraceiros07-06-12.mp3

Aquí podes escoitar outras entrevistas feitas con anterioridade á concelleira María José Martínez:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/search/label/Concelleira%20Prazas%20e%20Mercados

*Entrevistas COMERCIO E INDUSTRIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña 




lunes, 26 de diciembre de 2011

Entrevista á Concelleira de Prazas e Mercados do Porriño, María José Martínez 14/12/12

Mª José Martínez, na esquerda
Nesta ocasión convidamos ao noso estudo a Concelleira de Prazas e Mercados do Porriño, María José Martínez, para falar do encontro que mantivo con edís de outros concellos da zona do sur de Pontevedra para unificar posturas respecto da venda ambulante. Aproveitamos a ocasión para preguntarlle sobre o confllicto existente entre o Concello e o colectivo xitano respecto do mercadiño. Falamos ademais sobre outros temas relacionados coa praza de abastos de interese tanto coma para praceiros coma para usuarios.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaConcelleiraDePrazasEMercadosDoPorrioMariaJose/EntrevistaConcelleiraDePrazasEMercadosPorrioMJoseMnez14-12.mp3

Neste outro podes escoitar o debate que fixemos o pasado mes de novembro na nosa emisora co coordinador de mercadiños da Asociación de Venda Ambulante do Pobo Xitano, Mario Semeniz, e a Concelleira de Prazas e Mercados, María José Martínez:
http://www.archive.org/download/DebateMercadioPorrio08-11-11/DebateMercadioPorrioConcelleiraECoordinadorMercadios08-11-11.mp3