Mostrando entradas con la etiqueta Galiña de Mos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galiña de Mos. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2012

Entrevista a un criador da galiña de Mos II 10/01/12

Un exemplar da galiña de Mos

Xa non é a primeira vez que falamos cun criador da galiña de Mos (especie autóctona recoñecida pola súa carne), pero nesta ocasión quixemos facelo co gallo dun caso particular. Un criador, veciño do Concello de Mos, deu a coñecer que unha das súas aves está a poñer ovos o dobre de grandes do tamaño extra e de ata tres xemas. Para coñecer os detalles deste caso curioso e tamén para refrescar o tema desta especie 100% galega, falamos co coidador en cuestión, José Manuel Martínez.




A entrevista podes escoitala se pinchas enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAUnCriadorDaGaliaDeMosJoseManuelMartnez10-01-12/EntrevistaGaliaDeMosJoseManuelMartnez10-01-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a outro criador mosense da galiña de Mos e doutros animais autóctonos galegos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-un-criador-da-galina-de-mos.html

*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño 
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

lunes, 19 de diciembre de 2011

Entrevista a un criador da Galiña de Mos 09/12/12

Polos da galiña de Mos
A galiña de Mos non é exclusiva desta zona da Louriña como poida parecer polo seu nome, senón que en realidade trátase dunha galiña de raza autóctona galega que recibe a súa denominación do Concello de San Xulián de Mos (Lugo). Aínda así, na Louriña hai arredor dunhas seis persoas dedicadas á crianza desta galiña e que pertencen a Avimos (Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos).

Nós falamos cun deles, Álvaro Rodríguez, que ademais de explicarnos os detalles desta ave tamén nos contou que ten outros animais autóctonos coma ovellas, un porco celta ou cans de palleiro. Se queres coñecer as características destes animais 100% galegos e saber como tes que facer se queres adquirilos pincha o seguinte enlace e escoita a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCriadorDaGaliaDeMosAlvaroRguez09-12-12/EntrevistaSobreGaliaMosAAlvaroRguez09-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior sobre un caso particular dun veciño de Mos cuxas galiñas poñen ovos o dobre de grandes do tamaño normal:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-galina-de-mos-ii-100112.html

*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño