Un exemplar da galiña de Mos |
Xa non é a primeira vez que falamos cun criador da galiña de Mos (especie autóctona recoñecida pola súa carne), pero nesta ocasión quixemos facelo co gallo dun caso particular. Un criador, veciño do Concello de Mos, deu a coñecer que unha das súas aves está a poñer ovos o dobre de grandes do tamaño extra e de ata tres xemas. Para coñecer os detalles deste caso curioso e tamén para refrescar o tema desta especie 100% galega, falamos co coidador en cuestión, José Manuel Martínez.
A entrevista podes escoitala se pinchas enriba do seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAUnCriadorDaGaliaDeMosJoseManuelMartnez10-01-12/EntrevistaGaliaDeMosJoseManuelMartnez10-01-12.mp3
Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos a outro criador mosense da galiña de Mos e doutros animais autóctonos galegos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/12/entrevista-un-criador-da-galina-de-mos.html
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario