Polos da galiña de Mos |
Nós falamos cun deles, Álvaro Rodríguez, que ademais de explicarnos os detalles desta ave tamén nos contou que ten outros animais autóctonos coma ovellas, un porco celta ou cans de palleiro. Se queres coñecer as características destes animais 100% galegos e saber como tes que facer se queres adquirilos pincha o seguinte enlace e escoita a entrevista:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoCriadorDaGaliaDeMosAlvaroRguez09-12-12/EntrevistaSobreGaliaMosAAlvaroRguez09-12.mp3
Aquí podes escoitar unha entrevista posterior sobre un caso particular dun veciño de Mos cuxas galiñas poñen ovos o dobre de grandes do tamaño normal:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/01/entrevista-galina-de-mos-ii-100112.html
*Entrevistas MEDIO AMBIENTE na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
Noraboa a Si Radio Porriño pola aposta, con este tipo de entrevistas, polas nosas razas autóctonas. As razas autóctonas permítennos recuperar os sabores de antes, que hoxe están a ser moi demandados. Ademáis así mercamos produtos locais e axudamos ás nosas economías, conseguimos produtos frescos e dignificamos o noso rural.
ResponderEliminarGrazas.
Graciñas, iso é precisamente o que pretendemos transmitir coa nosa entrevista. Unha aperta.
ResponderEliminar