Mostrando entradas con la etiqueta Participacións preferentes Porriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Participacións preferentes Porriño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2012

Entrevista ao voceiro da Plataforma de afectados polas preferentes Louriña-Condado 22/05/12

Isidro García no noso estudo
Onte estivo con nós Isidro García, voceiro da Plataforma de afectados polas participacións preferentes da Louriña-Condado-Paradanta. Contounos como valoran a situación dende a plataforma, os encontros que mantiveron co presidente da Xunta e cos banqueiros, cales son os vindeiros pasos que van dar e os prazos que se marcan. 

Hoxe, mércores 23, hai convocada pola plataforma unha reunión aberta a aquelas persoas que estean interesadas en informarse mellor sobre esta problemática no Multicentro de Torneiros (Porriño) ás 17.00h. Máis información no teléfono 617.14.98.31

Pincha neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaPlataformaAfectadosPreferentesLouria-condado-paradanta22-05-12/EntrevistaIsidroGarcaDaPlataformaPreferentesLouriaCondado22-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unhas declaracións anteriores de afectados que recollemos cando comezaron as manifestacións no Porriño:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/declaracions-de-dous-afectados-polas.html

sábado, 10 de marzo de 2012

Declaracións de dous afectados polas participacións preferentes no Porriño 08/03/12

(Ferran Martín >> lainformacion.com)
Este martes pasado fomos testemuñas dunha protesta diante da sucursal que Caixa Nova (agora Novagalicia Banco) ten na Rúa Ramón González do Porriño. Unhas 20 persoas manifestáronse con pancartas e pitidos contra o que consideran un engano por parte da entidade bancaria. Forman parte dos 100.000 galegos (segundo estimacións) que adquiron participacións preferentes e que agora non poden dispoñer dos seus cartos. Nós falamos con Isidro García, veciño de Mos, e Rocío Ojea, de Salvaterra, para que nos explicasen a súa situación e cales son os próximos pasos que van dar.

Pincha aquí para escoitar as súas declaracións:
http://www.archive.org/download/DeclaracionsDousAfectadosParticipacionsPreferentesPorrio08-02-12/DeclaracinsParticipacinsPreferentesNcgMontada08-03-12.mp3

E nesta outra ligazón podes escoitar unha entrevista posterior a Isidro García sobre os detalles das reunións mantidas entre afectados e representantes políticos e bancarios:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-ao-voceiro-da-plataforma-de.html