sábado, 10 de marzo de 2012

Declaracións de dous afectados polas participacións preferentes no Porriño 08/03/12

(Ferran Martín >> lainformacion.com)
Este martes pasado fomos testemuñas dunha protesta diante da sucursal que Caixa Nova (agora Novagalicia Banco) ten na Rúa Ramón González do Porriño. Unhas 20 persoas manifestáronse con pancartas e pitidos contra o que consideran un engano por parte da entidade bancaria. Forman parte dos 100.000 galegos (segundo estimacións) que adquiron participacións preferentes e que agora non poden dispoñer dos seus cartos. Nós falamos con Isidro García, veciño de Mos, e Rocío Ojea, de Salvaterra, para que nos explicasen a súa situación e cales son os próximos pasos que van dar.

Pincha aquí para escoitar as súas declaracións:
http://www.archive.org/download/DeclaracionsDousAfectadosParticipacionsPreferentesPorrio08-02-12/DeclaracinsParticipacinsPreferentesNcgMontada08-03-12.mp3

E nesta outra ligazón podes escoitar unha entrevista posterior a Isidro García sobre os detalles das reunións mantidas entre afectados e representantes políticos e bancarios:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/05/entrevista-ao-voceiro-da-plataforma-de.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario