Mostrando entradas con la etiqueta Festa Callos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa Callos. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de octubre de 2011

Entrevista ao pregoeiro da Festa dos Callos, Esteban Rodríguez de CZ Veterinaria e Biofabri 30/09/11

Esteban Rodríguez, na dereita
O pregoeiro da Festa dos Callos do Porriño foi este ano Esteban Rodríguez, conselleiro delegado de CZ Veterinaria e Biofabri.

Esteban Rodríguez viu ata o noso estudo de Torneiros onde o entrevistamos antes de que dese o seu pregón. Por suposto falounos dos callos, pero  tamén das súas empresas que son punteiras en investigación e innovación, especialmente no que se refire á elaboración de vacinas. De feito, en Biofabri estase a traballar nunha vacina contra a tuberculose en colaboración coa Universidade de Zaragoza. Será a primeira vacina profiláctica contra esta enfermidade para humanos desenvolta e fabricada por completo en España e a comezos do ano que vén comezarán cos ensaios en persoas. Ademais disto, Esteban Rodríguez contounos moitas outras cousas interesantes.

Só tes que pinchar o seguinte enlace para poder escoitar a entrevista: