Esteban Rodríguez, na dereita |
O pregoeiro da Festa dos Callos do Porriño foi este ano Esteban Rodríguez, conselleiro delegado de CZ Veterinaria e Biofabri.
Esteban Rodríguez viu ata o noso estudo de Torneiros onde o entrevistamos antes de que dese o seu pregón. Por suposto falounos dos callos, pero tamén das súas empresas que son punteiras en investigación e innovación, especialmente no que se refire á elaboración de vacinas. De feito, en Biofabri estase a traballar nunha vacina contra a tuberculose en colaboración coa Universidade de Zaragoza. Será a primeira vacina profiláctica contra esta enfermidade para humanos desenvolta e fabricada por completo en España e a comezos do ano que vén comezarán cos ensaios en persoas. Ademais disto, Esteban Rodríguez contounos moitas outras cousas interesantes.
Só tes que pinchar o seguinte enlace para poder escoitar a entrevista:

Nesta outra ligazón podes escoitar a entrevista ao pregoeiro das Festas do Cristo 2011, Ángel Holguera, presidente provincial do Cogami:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/10/entrevista-ao-pregoeiro-das-festas-do.html
*Entrevsitas EVENTOS E FESTEXOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas COMERCIO E INDUSTRIA LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario