Mostrando entradas con la etiqueta Javier Baquero Rotea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Javier Baquero Rotea. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de febrero de 2012

Entrevista a Javier Baquero Rotea, estudoso da historia da Louriña 09/02/12

Sempre é un pracer na Radio Municipal do Porriño contar con veciños da Louriña que nos achegan información, datos e curiosidades sobre a comarca e así dala a coñecer mellor a través das nosas ondas. É por isto que convidamos ao noso estudo de Torneiros a Javier Baquero Rotea, veciño de Mos e autor de Datos históricos del ayer y hoy de Mos I, II. Dende moi novo Javier interesouse pola historia do municipio a través do seu pai e dende entón desenvolveu un incansable labor de documentación e racapitulación sobre a súa historia e veciños.

Javier Baquero Rotea
Na nosa entrevista descubrimos algunhas pinceladas de toda esta investigación e tamén algunhas anécdotas. Falamos de temas como a aldea recuperada da Alfacuca, a escultura antiquísima do deus Xano atopada en Mos, da bandeira do municipio e da consideración do Concello como Vila entre outros temas.

Se queres exactamente o que nos contou só tes que pinchar enriba deste enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAJavierBaqueroRoteaAutorDatosHistricosDeMos02-02-12/EntrevistaJavierBaqueroRotea08-02-12.mp3