miércoles, 7 de marzo de 2012

Entrevista ao salcedense Darío Hermida, partícipe do 1º satélite galego, o XaTcobeo 28/02/12

Darío Hermida
Darío Hermida, veciño de Salceda, é un dos enxeñeiros que participou na creación e lanzamento do primeiro satélite galego, o XaTcobeo. O 13 de febreiro estivo na Güiana Francesa e presenciou, xunto con outros dous galegos e o artífice do proxecto, como o artiluxio foi lanzado con éxito a unha órbita aínda non probada.

O principal obxectivo dos creadores do XaTcobeo é demostrar que son quen de facer un satélite que funcione para así asumir novos proxectos de maior envergadura. De feito, Darío xa está a formar parte doutra iniciativa que tamén ten que ver coa creación de satélites e neste caso o uso que se lle poida dar será de moita relevancia. 

Se queres saber de que se trata e escoitar a historia do XaTcobeo en boca de Darío só tes que premer o seguinte enlace de audio:
http://www.archive.org/download/EntrevistaADarioHermidaExeeiroDeSalcedaParticipeNoXatcobeo28-02-12/EntrevistaADarioHermidaEnxeeiroDeSalcedaParticipeNoXatcobeo28-02-12.mp3


No hay comentarios:

Publicar un comentario