viernes, 24 de febrero de 2012

Entrevista á empresa mosense Little Cars, pioneira en coches eléctricos 100% españois 15/02/12

Rubén Blanco diante dun dos modelos
Little Cars, empresa de Mos, é pioneira na fabricación de coches 100% eléctricos construídos na súa totalidade en España. De momento, traballa por encargo vendendo dous modelos pensados para o uso urbano: un de estilo vintage e outro destinado ao reparto cuxos prezos oscilan entre 13.000 e 24.000 euros. No entanto, hai axudas estatais que facilitan descontos do 25% (do 50% no caso de flotas de 10 ou máis vehículos).

A autonomía do coche ronda os 100km, distancia na que consume menos dun euro e cárgase nun enchufe tradicional en 6 horas. Este vehículo ecolóxico acada unha velocidade limitada de 45km/h e está libre de taxas de circulación e do pagamento na zona azul. Nós falamos con Rubén Blanco, xerente de Little Cars, para coñecer os detalles.


Escoita a entrevista premendo no seguinte enlace:
http://www.archive.org/download/EntrevistaRubenBlancoXerenteLittleCarsMos15-02-12/EntrevistaRubenBlancoXerenteLittleCarsMos15-02-12.mp3


No hay comentarios:

Publicar un comentario