lunes, 12 de diciembre de 2011

Entrevista a Alfonso "Pato", director do Festival de Cans 02/12/12

Alfonso García  "Pato"
A Asociación Cultural de Arela, organizadora do Festival de Cans, vén de recibir o Premio Provincial de Cultura no apartado de innovación dotado con 6.000 euros. Por esta razón falamos co director do festival, o porriñés Alfonso García "Pato", para coñecer as súas impresións a este respecto e para falar tamén das dificultades económicas que está a atravesar o certame e que poñen en perigo a súa continuidade. 

Tamén lle preguntamos a "Pato" que momentos destacaría do festival e un desexo para o mesmo. Collémolo nun momento de certo apuro, pero atendeunos igualmente.

Pincha o seguinte enlace e escoita a conversa:
http://www.archive.org/download/EntrevistaAoDirectorDoFestivalDeCansAlfonsoPato02-12-12/EntrevistaFestivalDeCansAlfonsoPato02-12.mp3

*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas VECIÑOS COÑECIDOS na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario