viernes, 18 de noviembre de 2011

Entrevista á coordinadora de protectoras sobre os verquidos nas Gándaras de Budiño 11/11/11

A pesar de estar catalogado como LIC (Lugar de Interse Comunitario) e incluído dentro da Rede Natura 2000, o espazo natural das Gándaras de Budiño sofre continuos danos ecolóxicos que están a mermar a súa biodiversidade. A proximidade do polígono industrial do mesmo nome provoca que emisións contaminantes e lixo vaian parar a este contorno, que se reduza a súa extensión e que a conservación das súas lagoas e especies se vexa ameazada.

Imaxe do verquido tomada por M. Mosquera
Membros da Coordinadora de Protectoras de Pontevedra non son indiferentes a esta realidade e denunciaron os continuos verquidos ao Río Louro ante  o Seprona e a Xunta. Na Radio Municipal do Porriño entrevistamos a Miguel Mosquera, membro da protectora, que nos falou da denunica que puxeron e  outras peticións respecto das  Gándaras de Budiño ademais das diferentes inciativas que teñen entre mans.

Clicla sobre o enalce de embaixo para escoitar a entrevista:

No hay comentarios:

Publicar un comentario