martes, 4 de octubre de 2011

Entrevista a dous membros de Mos Solidario sobre a gala Axudamos a Álex 04/10/11

Cartel da gala Axudamos a Álex


A través do link que poñeremos a continuación poderás escoitar a entrevista que lles fixemos no noso estudo de Torneiros a Marcos López e a Auri Giráldez, membros da asociación Mos Solidario. O motivo da nosa entrevista, a parte de dar a coñecer esta organización mosense, foi afondar na gala que teñen preparada para este domingo día 9 en Petelos no Auditorio das Escravas da Virxe Dolorosa ás 17.00h.

O evento (baixo o nome Axudamos a Álex), busca recadar fondos para que Álex, un neno vigués de catro anos afectado por parálise cerebral, poida operarse e gañar en autonomía e deste xeito axudar tamén aos pais do cativo.




Pincha aquí para coñecer tódolos detalles:
http://www.archive.org/download/EntrevistaMosSolidariomarcosEAuri04-10-11/EntrevistaMosSolidariomarcosEAuri04-10.mp3

Neste enlace podes escoita unha entrevista posterior feita á directiva de Asodifisi para falar da delicada situación económica que están a atravesar no 2012:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-de.html

Clica na seguinte ligazón para escoitar a entrevista ao artista plástico de Mos, Marcos Escudero, tamén membro da Asociación. Nela fala da técnica do sand drowing e dos pelouros que esculpe entre outros temas.
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html

Neste outro enlace está dispoñible a entrevista ao Mago Marco, impulsor de Mos Solidario. Falounos da súas facetas artísticas e solidarias.
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/12/entrevista-ao-mago-marco-291111.html

A través deste outro link poderás escoitar unha nova entrevista a Auri Giráldez, neste caso para falar das dúas enfermidades raras que sofre:
http://siradioporrino.blogspot.com/2012/03/entrevista-unha-vecina-de-mos-auri.html 


No hay comentarios:

Publicar un comentario