jueves, 13 de octubre de 2011

Entrevista á Campiona de España de Xadrez, a pontareana Yudania Hernández 24/08/11

Yudania concentrada durante un torneo
Yudania Hernández é bicampeona de España de xadrez. Naceu en Cuba, pero dende 1996 ten en Ponteareas a súa residencia habitual, onde se dedica ao que máis lle gusta: o xadrez. Porque non só gañou diversos campionatos, senón que ademais imparte aulas deste xogo a rapaces, en Ponteareas nos colexios e a membros da Federación Galega de Xadrez a través da Internet.  Para ela, o xadrez transmite valores tan importantes como o respeto ou a autoestima e habilidades como a creatividade ou a capacidade de concentración. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario