lunes, 17 de octubre de 2011

Entrevista ao boxeador porriñés Roberto Caroca, campión galego de peso supermedio 06/10/11

Caroca co título de Campión Galego
Na Radio Municipal do Porriño entrevistamos os nosos deportistas locais. É por isto que convidamos ao noso estudo a Roberto Caroca, veciño de Chenlo e policía local en Vigo que está a pelexar por conseguir o título de  Campión de España de peso supermedio. Logo de impoñerse ao santanderino Iván González na pasada velada de boxeo celebrada no polideportivo municipal, Roberto Caroca está cada vez máis preto de gañar o mencionado título que se sumaría, entre outros, ao de Campión Galego de peso supermedio. 

Se queres coñecer a historia deste deportista e os seus obxectivos escoita a entrevista pinchando neste link:


*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario