Los Limones xunto con La Frontera, Javier Urquijo, Alberto Cunha, Chavellos Folk e The Pressing Brass son os protagonistas do concerto benéfico que organizan a Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, e X Quatro Espectáculos. O obxectivo é destinar os cartos recadados ao centro para que poida seguir dando servizo a 25 usuarios despois de que este ano perigase a súa continuidade por falta de fondos.
O concerto é mañá sábado 5 de maio ás 22.00h no pavillón do Porriño e as entradas custan 10 euros (5€ fila cero). Hai puntos de venda repartidos en numerosos establecementos do Porriño, Mos e outros concellos limítrofes (máis información aquí ou no teléfono 620.037.849).

Santi Santos, cantante de Los Limones |
Podes escoitar a entrevista a Santi Santos, cantante de Los Limones, neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaASantiSantosDeLosLimones03-05-12/EntrevistaASantiSantosDeLosLimonesConcertoAsodifisi03-05-12.mp3
Aquí podes escoitar unha entrevista que lle fixemos a membros da directiva de Asodifisi sobre o labor que fan e os problemas económicos destes últmos anos:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-dous-membros-da-directiva-de.html
*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario