Antón e Adrián no noso estudo |
O equipo senior masculino do Club Balonmán Porriño (1ª División Estatal) conseguiu este ano xogar a fase de ascenso á División de Prata e quedou segundo na táboa clasificatoria logo de liderala durante practicamente toda a temporada. Un bos resultados para o balonmán porriñés aos que se suma a permanencia do equipo feminino en División de Honor. Nós quixemos afondar nos detalles do equipo e da temporada da man do adestrador, Luis Montes, e de dous xogadores, Antón Sequeiros e Adrián Freiría. Ambos forman parte da canteira de xogadores locais e con eles conversamos tamén sobre algunhas curiosidades deste deporte.
A entrevista está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonEAdrian07-05-12/EntrevistaBalonmanPorrioMasculinoLuisMontesAntonAdrian07-05-12.mp3
Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao presidente do Club Balonmán Porriño, Fernando Godoy:
No hay comentarios:
Publicar un comentario