viernes, 4 de mayo de 2012

Entrevista ao escultor tudense Raimundo Martínez "Rai" 02/05/12


Raimundo Martínez, máis coñecido como "Rai", é un escultor tudense da parroquia de Malvas. Xa dende a súa mocidade estivo vinculado á pedra e traballou en numerosas canteiras dentro e fóra de Galicia. Os seus 72 anos segue esculpindo granito Rosa Porriño, Verde Santiago e Negro Galicia ademais de facer figuras con cantos rodados. Na súa casa ten centenas de esculturas que van dende os 7,5 m de alto a tan só 20 cm. Actualmente pódese visitar unha exposición súa no Centro Cultural Municipal do Porriño composta por 31 pezas ata o 11 de maio. No entanto, "Rai" convida a todos os interesados a visitar a súa ampla colección na súa vivenda de Tui. Tanto aprecia o seu traballo que mesmo escribe poesías nas que relata o seu amor á pedra.

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAoEscultorTudenseRaimundoMartinezRai02-05-12/EntrevistaEscultorTudenseRai02-05-12.mp3

*Entrevistas ARTISTAS LOCAIS na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario