Marcos Escudero é artista plástico |
Recentemente estivo no noso estudo de Torneiros Marcos Escudero. El é o coordinador da Festa Arde o Pazo de Mos (organizada pola asociación Moskeo Colectivo) que rememora os feitos que tiveron lugar na comarca durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. O 14 de abril, os mosenses recrearán a expulsión dos franceses, haberá un mercado artesanal, música e outras actividades. Pero xa hai actos previos no municipio para esta fin de semana:
- hoxe, o historiador galego Ernesto Vázquez Souza dará unha charla baixo o nome "A francesada. Unha visión dende Galiza" no Pazo de Mos ás 19.30h.
- maña, domingo 25, organizan unha andaina-visita guiada con saída ás 10.00h do centro cultural a Cividade (Louredo) ao Penedo da Alarma xa que conta cun gravado que pode estar relacionado coa invasión francesa
Marcos recorda que están todos convidados a estas actividades, sobre todo aqueles que estean interesados en coñecer máis sobre a historia da Louriña. Por outra parte, os que queiran acudir á Festa da Reconquista de Vigo, o día 1 vaise fletar un autobús (Mos-Vigo-Mos) por 3 euros. Os interesados poden reservar praza en asociacionmoskeo@yahoo.es ou no tlf.637.914.063.
A entrevista a Marcos Escudero está dispoñible neste enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAMarcosEscuderoCoordinadorArdeOPazoMos22-03-12/AntrevistaMarcosEscuderoCoordinadorDeArdeOPazo22-03-12.mp3Aquí podes escoitar outra entrevista que lle fixemos na que fala da súa faceta como artista plástico:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-ao-artista-plastico-mosense.html
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario