jueves, 22 de marzo de 2012

Entrevista a Ángel Sánchez, codirector do "Play-Doc" de Tui 21/03/12


Imaxe sacada da web www.play-doc.com
Subimos unha entrevista recente que fixemos con motivo da celebración da 8ª edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui (21-25 de marzo, Teatro Principal). Falamos cun dos directores do certame, Ángel Sánchez, para afondar no programa e características desta edición.
O prato forte este ano vén da man dos directores de prestixio Ross McElvee e Artavazd Pelechian, considerado unha lenda viva do cine soviético. Tamén destaca o concerto que o grupo norteamericano Morphine dará o sábado.

Play-Doc busca ser unha plataforma para a promoción de proxectos que raramente atopan outras vías de exposición, formar a novos creadores no mundo do cine e poñer en valor a cultura e a cidade de Tui. As entradas teñen un prezo de 2 euros por sesión.

Neste enlace podes escoitar a entrevista:


No hay comentarios:

Publicar un comentario