Zipi cos escolares da parroquia de Mosende e Pontellas |
"Os animais, os nosos amigos" é unha iniciativa que se está a desenvolver en diferentes centros educativos da Louriña co obxectivo de concienciar aos escolares sobre a importancia dos animais na vida das persoas e a necesidade de tratalos con respecto. Na actividade participan, entre outros, o veterinario Pedro Estévez da Clínica Veterinaria Ars Canis e Reyes Arroyo do Centro de Reeducación Integral Graña Saúde. Con eles falamos da importancia dos animais para o desenvolvemento da sociedade e de como o can terapeuta Zipi axuda na recuperación física e psicolóxica de pacientes.
Preme neste enlace para escoitar a entevista:
http://archive.org/download/EntrevistaAnimaisOsNososAmigosArsCanispedroEGraaSaudereyes/EntrevistaAnimaisOsNososAmigosArsCanisEGraaSaude14-05-12.mp3
Neste outro podes escoitar unha entrevista que lle fixemos á Protectora de Animais de Mos e O Porriño, ASPAP:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2011/10/entrevista-protectora-de-animais-de.html
*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario