"Best the music" é unha iniciativa que se está a levar a cabo no pub La Chimena do Porriño que ten un dobre obxectivo: promocionar a músicos locais e impulsar a marcha nas noites do sábado no municipio. Juancho Castaño (deseñador gráfico e publicista) e Jorge Fandiño (dono do pub) son os impulsores desta campaña que se desenvolve no local de balde. Hoxe, día 19 ás 00.30h, celébrase o terceiro concerto dentro de "Best the music" coa actuación do grupo porriñés When Ocean Burns. Esta banda resultou gañadora este ano por partida dobre no concurso EISV Music da Escola de Imaxe e Son de Vigo e foi finalista no Beefeater London Sessions. Polo pub pasaron xa o grupo tudense The Cillit Band e o porriñés Dj KekoRn
Nós falamos con Juancho para saber por que se creou a iniciativa, como se está a desenvolver e quen pode participar.
A entrevista está dispoñible neste enlace:
Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao grupo que toca esta noite, When Ocean Burns:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/03/entrevista-ao-grupo-porrines-when-ocean.html
*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario