Xa está aquí a IV edición da Festa "Arde o Pazo" de Mos organizada pola Asociación Xuvenil Moskeo Colectivo. Coñecida como "a Reconquista pequena" (en referencia á festa de Vigo), esta celebración conmemora os actos que tiveron lugar en Mos durante a invasión das tropas napoleónicas alá polo 1809. Pero a festa é moito máis e inclúe obradoiros de oficios artesanais e bailes da época, comida tradicional, música a cargo das asociacións culturais da contorna... Destacan, no entanto, varios momentos da celebración como son as recreacións das batallas (ás 12.00h, 16.30h e 18.00h) ou da queima do Pazo dos Marqueses (ás 21.00h). Un programa do máis completo que xa podes consultar no blog destinado específicamente a este evento que se celebra este sábado 14 de abril.
Diego e César no noso estudo |
Nós convidamos ao noso estudo o presidente de Moskeo Colectivo, César González, e tamén o tesoureiro, Diego Gómez, para que nos contasen os detalles da festa e algunhas curiosidades.
Podes escoitar a entrevista pinchando no seguinte enlace:
Aquí podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos ao coordinador da festa, Marcos Escudero:
*Entrevistas EVENTOS E FESTEXOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ASOCIACIÓNS CULTURAIS/FESTAS/VECIÑAIS na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario