Rogelio Nogueira |
A colombofilia consite en criar e adestrar pombas mensaxeiras co obxectivo de que sexan capaces de volver ao seu pombal dende puntos distantes. No Porriño existe un club colombófilo no que unhas oito persoas adestran pombas para facelas competir tanto a nivel provincial, coma autonómico e nacional. Os éxitos acompañan a este club dende hai tempo xa que adoita que quedar nos primeiros postos.
Nós convidamos ao noso estudo ao secretario do Club Colombófilo do Porriño, Rogelio Nogueira, para que nos contase todos os detalles e curiosidades desta técnica. El conta no seu pombal de Salceda con arredor de 70 aves ás que lles dedica catro horas diarias de coidados e adestramento. Durante a entrevista falounos dalgunhas anécdotas relacionadas coa colombofilia.
Se queres escoitar a entrevista pincha o seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaAoSecretarioDoClubColombofiloPorrioRogelioNogueira27-03-12/EntrevistaSecretarioClubColombofiloPorriloRogelioNogueira27-03-12.mp3*Entrevistas DEPORTE LOCAL na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario