Ádega e María durante a entrevista |
Ádega Castro e María Alonso son dúas avogadas que decidiron montar unha empresa que presta servizos xurídicos e de mediación. A mediación consiste nun proceso alternativo e complementario á vía xudicial na que as partes en conflicto, coa axuda do mediador, chegan a un acordo para evitar ir a xuízo.
Este proceso, segundo Ádega e María, é axeitado para litixios no ámbito educativo e familiar ou de carácter multicultural e resulta menos traumático, custoso e duradeiro. A Xunta ofrece axudas económicas a aquelas persoas que queiran optar por esta vía e carezan de recursos. Ádega e María teñen a súa oficina (Medialex) nun dos viveiros que o Concello pon a disposición dos emprendedores no Multicentro de Torneiros de xeito gratuíto.

Se queres coñecer exactamente de que se trata o servizo de mediación preme neste enlace para escoitar a entrevista:
http://archive.org/download/EntrevistaADasAvogadasPromotorasDeServizosXurdicosEDeMediacin_22/EntrevistaAAdegaEMaraDeMedialextorneiros20-03-12.mp3*Entrevistas CURIOSIDADES LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario