De esquerda a dereita: Dove, Juli, Fran, Pela e Lex |
Desta vez volvemos contar no noso estudo coa banda da Louriña When Ocean Burns. Entrevistámola a dous días de coñecerse o resultado do concurso EISV Music 2012, do que resultaron dobremente gañadores levando o premio do xurado e o do público. Como resultado van gravar unha maqueta, un videoclip e, sobre todo, promocionarse. Conscientes de que teñen que darse a coñecer para facerse un oco no mundo da música tamén se apuntaron ao Beefeater London Sessions onde compiten con outras bandas nacionais.
Falamos co grupo destes concursos e de como están a traballar nas cancións que queren incluír no seu primeiro EP producido por Fran Leboso de Parolas Records. Os membros defínen o seu estilo como pop-rock alternativo e tamén din que lles gusta divertirse e proba diso foi a entrevista que mantivemos con eles e que podes escoitar se clicas neste enlace:
Neste outro podes escoitar unha entrevista anterior que lle fixemos no mes de setembro:
http://siradioporrino.blogspot.com/2011/11/entrevista-ao-grupo-de-porrino-when.html*Entrevistas MÚSICA LOCAL na Radio Municipal do Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario